CORUÑA MAGAZINE / “Foro Humboldt, unha oportunidade para reflexionar sobre o medio ambiente” é unha xornada que ten como obxectivo dar a coñecer e investigar a traxectoria do xeógrafo e naturalista Alexandre Von Humboldt, e poñer en valor a súa vinculación coa Coruña.

Trátase dunha iniciativa promovida polo Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Concello da Coruña, e que conta co apoio da Universidade da Coruña e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Celebrarase o 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, coincidindo coa data de 1799 en que o científico prusián saíu do porto coruñés á cabeza dunha das expedicións científicas máis importantes de todos os tempos.

O foro, que nace con ambición e afán de continuidade, será o punto de partida dunha serie de actividades vinculadas a Humboldt. Nos próximos días, o Concello descubrirá unha placa na rúa que leva o seu nome, na que se explicará o papel fundamental dun investigador que estableceu principios fundamentais ambientais que seguen vixentes hoxe en día, subliñou o concelleiro José Manuel Sande na presentación da proposta.

Von Humboldt saíu da Coruña hacia América cando tiña 29 años

Alexander von Humboldt foi un dos grandes naturalistas da historia. Os seus traballos, dedicados a climatoloxía, astronomía, xeoloxía e botánica principalmente, mostran como na súa estancia na Península Ibérica puxo por primera vez en funcionamento diversos aparellos e dispositivos de medición que lle permitieron facer achegas novas e esenciais no coñecemento destas disciplinas aplicadas á xeografía española.

Na súa  carreira científica resultou decisiva a expedición americana que emprendeu desde A Coruña, con 29 anos e a compañía do botánico Aimé Bonpland, por un amplo territorio que pertencía á Coroa española, os actuais países de Venezuela, Cuba, Colombia, Perú, Ecuador e México.

Unha viaxe que recolleu en diversas publicacións e nun diario, material que Xosé Antón Fraga, director do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e dos traballos que serviron para a elaboración do Álbum da Ciencia, utilizou para recrear o acontecido nun artigo publicado en Praza Pública.


Foto: Mascarón de proa do veleiro alemán Alexander Von Humboldt / windisourfriend.com